Leiro dalle pulo ao seu polígono de Barzamedelle

José González conversa con Francisco José Fernández.
photo_camera José González conversa con Francisco José Fernández.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, visitou onte o polígono agroforestal de Barzamedelle, no concello de Leiro, para comprobar a evolución destes traballos, enfocados á recuperación e a posta en valor duns terreos que se orientarán, principalmente, ao cultivo de viñedo.

Ata o de agora, logrouse identificar a propiedade de 64 das 145,6 hectáreas que compoñen este polígono agroforestal, o 44% do total. Nesta liña, os propietarios identificados xa teñen as notificacións dos resultados das actuacións previas á investigación da titularidade do resto de predios, que se realizará en base ao artigo 19 da Lei de Recuperación da Terra Agraria.

No caso do polígono de Barzamedelle, tense realizado un importante traballo rozando 50 hectáreas de acacias. Para seguir impulsando estas ferramentas, a Xunta destinará no vindeiro ano 7,4 millóns de euros para promover os polígonos agroforestais e aldeas modelo como instrumentos de mobilización de terras infrautilizadas.

Te puede interesar