A Asociación Cultural Taparraná organiza a IV Pre-Festa Fin de Ano

Leiro despedirá o 2013 este sábado con golosinas

Unha das pandillas da Festa de Pre-Fin de Ano que se celebrou en 2012.
A Asociación Cultural Taparraná de Leiro organiza a IV Festa Pre-Fin de Ano, prevista para o próximo sábado a partires das 21,00 horas, que se inicia nos locais de hostelería e nas rúas con música de 'Os Plateados de Fondós'.
Os negocios participan na festa sellando unhas tarxetas dos clientes que posteriomente entrarán nun sorteo dunha estancia de fin de semana nunha casa de turismo rural. Ás 23,00 horas contarase coa actuación do dúo 'M-30', e as 24,00 horas a cita será na praza do Concello onde se comerán golosinas por primeira vez en lugar das uvas e seguindo o son do reloxo da Casa Consistorial, para brindar seguidamente con cava. Tamén se presentará unha parodia de algúns personaxes destacados do ano 2013.

O que empezou o primeiro ano coma unha iniciativa da entidade para compartir a festa cos veciños, na pasada edición xa se achegaron moitos xóvenes doutros concellos próximos das comarcas do Ribeiro e Carballiño para despedir o ano con antelación. 'A asociación creouse no 2009 nestas fechas do Nadal e esta festa xurdiu coma unha idea diferente e curiosa', apuntaba a secretaria de Taparraná, Laura Hermida. A entidade conta con cerca de medio cento de socios entre 20 e 35 anos de idade, que en cada edición propoñen actividades diferentes e divertidas.

O sábado, despois do brindis, seguirá a festa na Praza do Cruceiro co dúo 'M-30' e na que están previstos dous concursos, un no que se elixirá ós máis glamurosos, para o que a organización insta ós asistentes a vestirse de festa, e un segundo que será de baile, ademáis do sorteo dunha tablet.

O remate da actuación musical, seguirá a festa cunha discoteca móbil e a organización anuncia que se instalará unha carpa climatizada para que ninguén falte a cita por causa do mal tempo.

Te puede interesar