La Lira incorpora sete músicos da súa escola

La Lira durante unha actuación. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A banda de música La Lira de Ribadavia ofrecerá o seu tradicional concerto de primaveira o próximo día 1 de xullo, as 20,00 horas, na Alameda. No concerto, dunha hora de duración, e baixo a batuta de Francisco Pérez Rodríguez, interpretaranse obras dos máis diversos estilos.
Nesta edición, farán a súa estrea sete novos músicos, alumnos da Escola de música Mestre Veneroni, unha escola ó cargo da banda de música que acadou a cifra de máis de 80 alumnos, dende os máis cativos ata os máis veteranos.

Durante o mesmo concerto de primaveira tamén se presentará o novo disco da agrupación, 'O Ribeiro 2.0', con temas interpretados no VI Certame Galego de Bandas de Música.

La Lira convida ós veciños a este concerto, cando cumple neste 2013 os 173 anos de historia.

Te puede interesar