política

A lista de Ribeiro en Común aposta pola xuventude e a formación

Estará encabezada novamente por Brais Fidalgo, que opta por segunda vez á Alcaldía de Ribadavia.

Ribeiro en Común presentou a súa candidatura para as próximas eleccións municipais, encabezada novamente por Brais Fidalgo, que opta por segunda vez á Alcaldía de Ribadavia. Vai seguido de Paula Rodríguez, Enrique Rodríguez e Portal Viso. Completan a candidatura de Ribeiro en Común persoas activas no tecido ribadaviense tendo ademais presenza veciños de case a totalidade das parroquias do municipio, segundo sinalan responsables da formación. 

Aseguran que o bo traballo realizado dentro da Corporación de Ribadavia nestes catro anos así como o nivel de actividade e liderado político do grupo durante esta última etapa, que se plasma na importancia e intensidade da actividade municipal, son os avais que reforzan o perfil altamente formado dos seus candidatos. 

A súa formación académica e profesional hai que sumarlle que son persoas moi activas no asociacionismo ribadaviense e da comarca do Ribeiro. Persoas que teñen experiencia en organizar, xestionar, traballar en equipo e dialogar coa veciñanza.

Trátase de un grupo que se presenta como o goberno alternativo de cambio "para mellorar Ribadavia e que faga do Concello unha institución aberta, xusta e eficaz. Son veciños que compaxinan preparación, experiencia, xuventude e nivel profesional", engaden.

Te puede interesar