A localidade de Roucos conta cun dos camiños xa reformado

La carretera enlaza Cenlle con Pereiro y Roucos.
photo_camera La carretera enlaza Cenlle con Pereiro y Roucos.

A localidade de Roucos, en Cenlle, conta cun dos seus camiños principais totalmente remodelado. O delegado provincial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou o pobo, acompañado da alcaldesa, Rebeca Sotelo, para supervisar o remate das obras, nas que a Xunta investiu 28.000 euros ao abeiro da Orde infraestruturas de uso público da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O delegado territorial significou que a Xunta consolida o apoio aos concellos para a construción e mellora de infraestruturas cun investimento de 3,5 millóns de euros. O Goberno galego leva investidos nos últimos anos nesta orde máis de 44 millóns para financiar 1.480 proxectos en toda Galicia. Gabriel Alén referiuse ao reforzo ao eido local por parte da Xunta nos orzamentos de 2023, cunha suba do 15%.

Te puede interesar