CULTURA

Marta Pazos, Premio de Honra da Mostra de Teatro 2020

La actriz y directora teatral Marta Pazos.
photo_camera La actriz y directora escénica Marta Pazos.
A 36 edición da MIT celebrarase entre os día 17 e 27 do próximo mes de xullo.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) concede a Marta Pazos o Premio de Honra "Roberto Vidal Bolaño" 2020, ao mérito nas artes escénicas. A 36 edición da MIT celebrarase entre os día 17 e 27 do próximo mes de xullo.

Actriz, directora escénica, escenógrafa, Marta Pazos é unha das creadoras escénicas máis puxantes do panorama teatral contemporáneo. Fundou Voadora en 2007 con Hugo Torres e Jose Díaz, propiciando a consolidación dun equipo interdisciplinar no que priman a música e a suxerente plástica escénica como principais sinais de identidade.

Antes de Voadora, Marta Pazos foi actriz en producións do CDG, Teatro Oficina, Chévere e Belmondo. Entre outros, recibiu os Premios María Casares á mellor dirección e mellor escenografía,o Premio Nacional de Teatro para Directoras de Escena de Torrejón de Ardoz ou o de Mellor actriz no IX Indifest.

Te puede interesar