Medio Ambiente acondiciona o Campo da Feira de Cortegada

<p></p>
photo_camera Beatriz Matro e Víctor González.

A Consellería e o Concello asinarán un convenio para invertir 150.000 euros nesta praza pública

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co Concello de Cortegada no acondicionamento da Praza do Campo da Feira. Así o transmitiu onte a conselleira, Beatriz Mato, ao tenente de alcalde de Cortegada, Víctor González. A actuación inclúese dentro do programa Plan hUrbe da Xunta de Galicia, que busca promover e apoiar actuacións que perseguen recuperar os espazos de encontro dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no medio rural.

Para esta obra, será necesario asinar un convenio de colaboración no que se establecerán as obrigas de cada administración e no que se blindarán os case 150.000 euros que implica este proxecto.

O emprazamento de 1.350 metros cadrados será acondicionado para a celebración de feiras e exposicións, así como espectáculos públicos. Na actualidade a praza ten dúas alturas e elévase sobre a cota da vía pública de acceso, o que fai que non sexa un espazo funcional para os veciños e que presenta limitacións de accesibilidade.

Te puede interesar