INFRAESTRUCTURAS

Mellora de beirarrúas no entorno rural de Ribadavia

GGFGFGFGFGFFG
photo_camera Poste situado no medio dunha das beirarrúas na que se van acometer obras de accesibilidade.

As melloras a realizar consistirán na retirada e retranqueo de postes de luz e teléfono que obstaculizan o tránsito

O Concello de Ribadavia abordará a petición do grupo Ribeiro en Común un proxecto encamiñado a mellorar a accesibilidade de beirarrúas en varias zonas do entorno rural. Esta actuación é froito dun acordo deste grupo da oposición coa  Concellería de Obras. As obras comezarán pola vía que une Ribadavia e Francelos, para continuar coa mellora de accesibillidade da beirarrúa de San Paio, rematando con intervencións nalgúns tramos de San Cristovo.

As melloras a realizar consistirán na retirada e retranqueo de postes de luz e teléfono que obstaculizan o tránsito, obrigando a peóns e transeúntes a baixar da estrada, co perigo que esto representa. Outra mellora consistirá en reformar bordes e realizar rampas, así reb aixar alturas co fin de dispoñer de beirarrúas accesibles a carros e cadeiras de rodas, eliminando deste xeito as barreiras arquitectónicas. Estas rúas teñen unha gran afluencia de xente, como é o caso da que une Ribadavia con Francelos, non só de veciños senón tamén doutros que as utilizan para pasear.

Te puede interesar