Melón crea unha bolsa de traballo de limpieza de edificios

Un total de oito candidatos aspiran a cubrir o posto

O Concello de Melón acaba de crear unha bolsa de traballo para o posto de limpiador de edificios municipais. Tras a valoración e cualificacións do tribunal que se constituíu para tal fin, quedan na relación un total de oito aspirantes, sete mulleres e un home, para cubrir o posto sempre que sexa necesario e requerido polo Concello. 

O chamamento realizarase por notificación persoal, de acordo coa orde de prelación e a Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas para formalizar o contrato temporal, segundo o Real decreto lexislativo 2/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.

Esta resolución publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e tamén estará a disposición do público na propia sede electrónica que posúe o Concello de Melón.

RECURSO

Contra a resolución do tribunal, ratificada polo alcalde, Emilio Luis Díaz Vidal, pódese interpor alternativamente un recurso de reposición potestativo ante o rexedor deste Concello, no prazo dun mes desde o día seguinte ao de publicarse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense; ou ben interpor directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, que contarán desde o día seguinte da publicación.

Se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. 

Todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente.

Te puede interesar