O pregoeiro da VI Festa da Mata do Porco de Melón apuntaba acertadamente que conservar as tradicións é algo fundamental para que non desaparezan os pobos do rural. Os veciños deste Concello recórdano cada ano.

Melón divírtese coa mata do porco

Unha das carrozas máis aplaudidas polo público representaba o tradiconal carro tirado polas vacas
Os veciños de Melón rendiron un ano máis unha homenaxe á ancestral tradición da mata do porco. O intenso frío non restou participación nin afectou o bo humor dos asistentes, que disfrutaron co orixinal desfile de carrozas, coa carreira dos gorrinos e cun gran cocido popular, que reuniu a medio millar de comensales no pavillón de deportes de Quins.
Os participantes no desfile derrocharon imaxinación, recreando algunhas das escenas típicas da mata. Persoas disfrazadas de animais, porcos moi reais e demáis persoas participantes vestidas para a ocasión lograron sorprender e divertir ó numeroso público que se concentrou no entorno.

O pregoeiro, Xosé Luis Rivera Vázquez, párroco de Melón dende fai 35 anos, ensalzou a mata coma unha seña de identidade dos pobos do rural ó mesmo tempo que aproveitou o momento para referirse á progresiva despoboación, reivindicando a necesidade de xenerar emprego para evitar a desaparición das aldeas. 'Vanse perdendo as tradicións do noso pobo, e se queremos mantelas, apostemos polo rural, loitemos polo rexurdemento das aldeas', apuntou o párroco.

As autoridades asistentes, entre as que se atopaban o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; a senadora, Carmen Leite, e o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, foron recibidos pola Corporación municipal, que os invitou a disfrutar desta VI Mata do Porco.

A xornada estivo amenizada por unha charanga e polo grupo Xoldra, que actuou pola tarde, tras o bo xantar no pavillón, onde tamén se fixo entrega dos premios ós gañadores do desfile de carrozas e da carreira de porcos. Os nenos igualmente contaron co seu espazo -xogos gratuitos no exterior das instalacións deportivas- e, coma nas edicións anteriores, tamén se sorteou un porquiño.

Te puede interesar