Miguel Fernández e José Manuel Prado, premios Arenteira

O xurado da segunda edición dos premios Arenteira, que organiza a empresa Apart Hotel Arenteiro do Carballiño, elexiu entre os aspirantes a José Manuel Prado Prado, na modalidade deportiva, e a Miguel Anxo Fernández, na de cultura e ciencia.
O xurado, que preside o historiador Xosé Luis Sobrado, tivo en conta os valores de superación diaria de Manuel Prado Prado, a súa constancia non só na actividade deportiva senón tamén na súa vida cotiá, e tamén que foi seleccionado para formar parte do equipo español de boccia -modalidade deportiva específica para persoas con discapacidade, parecida á petanca- nos Xogos Paralímpicos de 2012.

Para Miguel Anxo Fernández o recoñecemento ven a ser unha consecuencia da súa traxectoria na defensa do cine e por haber sido o impulsor das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga).

Ambos galardonados foron seleccionados polo xurado desta segunda edición entre tódolos candidatos que aportaron os centros públicos de ensino das comarcas do Carballiño e do Ribeiro.

Te puede interesar