Miranda informou das axudas europeas para o sector vinícola

Ana Miranda, eurodiputada del BNG. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A eurodiputada do BNG, Ana Miranda, aproveitou a súa xornada de traballo en Ribadavia para achegarse ata o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, onde deu conta ante os representantes do sector vinícola do seu traballo de cara a que a recentemente aprobada política agraria común europea (PAC) recollera a continuidade dos dereitos de plantación ate o 2030.
A nacionalista informou doutros aspectos positivos incluídos na PAC para o sector do viño, como as axudas directas á protección medioambiental no cultivo das viñas, ou o incremento de axudas á comercialización e internacionalización do viño. Defendeu que 'a estrutura de pequena propiedade galega merece un trato diferente ao das grandes superficies de viñedo' de cara ao novo marco europeo de axudas.

Miranda reuniuse con afectados polas participacións preferentes e acolleu a proposta da plataforma para difundir aos demáis eurodiputados do grupo Verdes-Esquerda Libre Europea, no que se encadra o BNG, esta realidade 'da estafa a uns aforradores', asegundo apuntaron, de cara a que achegue á opinión pública europea.

Te puede interesar