O monte de Corneira xa conta coa clasificación en man común

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense resolveu o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Portatón ou Coto Grande, a favor dos veciños do lugar de Corneira, no concello de Leiro. Con data do 12 de xaneiro de 2012 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños do lugar de Corneira, no que solicitaban ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.
O expediente resolveuse definitivamente, tralo periodo de un mes de exposición pública para a presentación de posibles alegacións.

Dado que ninguén recurriu a calificación de man común en favor dos veciños da localidade de Corneira, a Consellería de Medio Rural recoñece a referida calificación que fai pública nun edicto.

Te puede interesar