A cantidade de uva recollida foi de un 12% menor ca do 2007 e de un 42% menos que a media

Os mostos da colleita do Ribeiro móstranse ‘equilibrados, frescos e con moi boa aroma’

 Una xoven recollendo as uvas antes do peche da campaña. (Foto: Martiño Pinal)
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro diu por finalizada a vendima o pasado 12 de outubro, constantando a entrada nas bodegas de unha uva de moi boa calidade, xa que estaban ben maduras e completamente sans. Desta maneira, afir man os técnicos que os mostos móstranse equilibrados, frescos e cunha moi boa aromática, polo que se aventuran a adiantar que os viños serán excelentes. Recolléronse 10,5 millóns de kilos, o 12% menos do 2007 e un 42% menor ca media.
‘A colleita da Denominación de Orixe Ribeiro goza dunha moi boa calidade, xa que as uvas entraron nas adegas ben maduras e sans e os mostos mostráronse con boas perspectivas, equilibrados, frescos e cunha moi boa aromática’, apuntaron os responsabeis do Consello Regulador desta comarca vitivinícola, que diron por finalizada a vendima o pasado día 12 de outubro.

Nese senso, os técnicos tamén indicaron que ‘estas características da uva apuntan que se van elaborar unhos viños excelentes’.

Esta campaña estivo marcada pola reducción da colleita aínda que compensada pola boa maduración e o bo estado fitosanitario da uva. O Consello Regulador rexistrou unha cantidade de un 12% menor ca do ano 2007, e ata un 42% menos en relación á media das últimas campañas.

Maduración

‘A Denominación de Orixe Ribeiro xa esperaba, dende a primavera, unha vendima pequena debido a choiva na época de floración das vides, que xerou un baixo índice de callado e, debido a que nos controis de maduración se observaba que ía lenta, cun atraso acumulado duns sete días por causa das suaves temperaturas rexistradas en xullo e agosto’, manifestaron os técnicos.

Nembargantes, setembro diu un xiro favorable, con unha climatoloxía benigna que permitiu vendimar pouco a pouco, concedéndolle o tempo necesario a uva para a súa maduración óptima.

As labouras empezaban na semana do 22 de setembro cas variedades máis adiantadas, realizando o groso da vendima na semana do 29, e rematando cos viñedos e variedades máis tardías ata o 12 de outubro.

O Final, recolléronse 10,5 millóns de kilos, según constatou o Consello Regulador.

Mercado
Os viticultores do Ribeiro pasaron nesta campaña por momentos difíciles, sobre todo cando se acercaba o momento de vendimar e as uvas aínda non estaban o suficientemente maduras.

Desta maneira, iniciaron as labouras moi lentamente, e todo saliu según o previsto, xa que a climatoloxía de setembro foi decisiva para alcanzar os 10,5 millóns de kilos de uva ben madura. Aínda así, a colleita é unha das máis pequenas dos últimos anos polo que os responsabeis do Consello Regulador apuntaban que de momento poderase atender a demanda do mercado, aínda que de forma moi axustada, asegurando que se a próxima campaña no é máis abundante entón xa haberá problemas para surtir co viño da Denominación de Orixe Ribeiro o mercado.



Te puede interesar