Unha mostra axuda a valorar as posibilidades das cooperativas

A Mancomunidade do Ribeiro acolle a mostra 'Descobre as cooperativas', que presenta as potencialidades e solucións que ofrece este modelo empresarial para crear empregos na actual situación de crise económica. A iniciativa fai un percorrido polos elementos claves do modelo cooperativo: que son, que tipos hai, como funcionan, cales son os valores que defenden, que pasos dar ou que apoios existen para impulsar o emprendemento cooperativo.
A mostra ocupa algo máis de 100 metros cadrados e permite ós visitantes achegarse ao cooperativismo agrario ou ó autoemprego cooperativo dun xeito interactivo e dinámico.

A actividade intégrase na Rede Eusumo, unha estratexia de cooperación entre diferentes axentes públicos e asociativos orientada ao fomento da economía social para a xeración de emprego.

En Galicia, existen na actualidade un total de 1.152 cooperativas que agrupan a 90.158 socios e crean un total de 18.649 postos de traballo, entre directos e indirectos, o que supón case un 2% da poboación ocupada, segundo fontes da Consellería de Traballo e Benestar.

Te puede interesar