A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia convoca o IX Premio Abrente de Textos Teatrais

O Concello de Ribadavia (Ourense), a través da Mostra Internacional de Teatro, convocou o IX Premio Abrente de Textos Teatrais, o único premio anual de teatro que existe en Galicia.


Este ano, a organización decidiu adiantar a publicación das bases do premio para 'gañar tempo' e dar 'maior difusión' a esta actividade.

Poderán optar a este premio todos os autores de calquera nacionalidade que presenten, antes do 20 de xuño, unha obra inédita e non premiada con anterioridade á convocatoria, sempre que estea escrita en galego.

Para o gañador establécese un premio único, dotado con 3.000 euros, unha figura do artista Manuel Rodríguez e a publicación da obra presentada ao concurso. O concello reservarase por un prazo de doce meses os dereitos de edición e representación da obra e entregará ao gañador 20 exemplares.

Te puede interesar