Mozos de 5 países comezan unha estadía no Riberio

<p></p>
photo_camera Albergue municipal de Castrelo de Miño onde se aloxarán os participantes.

O programa de intercambio desenvólvese en Ribadavia e Castrelo 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia (OMIX) conseguiu financiamento do programa Europeo "Erasmus+", a traves da Dirección Xeral de Xuventude, para desenvolver un intercambio internacional de 25 rapaces procedentes de cinco países, entre os días 1 e 9 de agosto.

O intercambio desenvolverase nos concellos de Ribadavia e Castrelo de Miño e cinco dos xóvenes son da comarca do Ribeiro, que participarán de forma totalmente gratuíta das actividades que se desenvolverán durante este proxecto e que permitirán intercambiar experiencias con grupos de 5 persoas (25 en total) de Letonia, Italia, Portugal,Eslovenia e España.

O aloxamento e a manutención estará finaciado na súa totalidade polo programa Europeo Erasmus + e para o transporte durante o intercambio a OMIX de Ribadavia conta coa cofinanciación da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado daXunta de Galicia, da Consellería de Política Social.

"Neste intercambio, queremos promover o desenvolvemento persoal a través da meditación, a atención e a escritura creativa, que permiten despexar a mente, co fin de centrarse no logro das metas para desenvolver unha actitude comprometida", sinalan os responsables da OMIX.

O obxectivo é potenciar as habilidades persoais de traballo, así como a capacidade de traballo colectivo. As actividades que se desenvolverán inclúen varios espazos para a reflexión e discusión para compartir coñecementos, habilidades, métodos e ferramentas de motivación para facer frente aos problemas. Os participantes tamén desenvolverán tarefas e actividades que se centran en aspectos interculturais co fin de crear conciencia como parte dunha sociedade con diversidade de culturas.

Te puede interesar