entroido en ribadavia

O Museo proxecta dúas curtas sobre o Entroido

Tamén ten previsto para este mes de marzo presentar un catálogo sobre a tonelería

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle hoxe a presentación da última obra poética de Jaime Moreda, ás 20,00 horas. Esta actividade forma parte da programación prevista para este mes de marzo, que terá continuidade o próximo día 10 cunha conversa no Museo sobre a "Posta en valor e divulgación dos pombais no Concello de Chantada". Nesta actividade contarase coa participación do autor, Ramón Cedrón Díaz.

Para o día 18 deste mesmo mes terá lugar a proxección do documental "O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao", que está dirixido por David Vázquez, e con guión de Lorena Gallardo. Ademais, o día 24 presentarase o catálogo "Colección Vitivinícola 2. A tonelería", das pezas da colección do Museo e do obradoiro do toneleiro Manuel Almuíña. A programación remata o 31, cun documental sobre o Entroido. 

Te puede interesar