O Museo expón unha mostra sobre o traballo no século XX

Inauguración da exposición. (Foto: LR)
O Museo Etnolóxico de Ribadavia ten aberta ó público a exposición 'España Século XX: Escenas do Traballo', que é un pequeno percorrido fotográfico pola historia do traballo entre 1900 e 1997. O home e a muller como protagonistas do traballo no campo, na industria ou nos servizos, e a máquina como ferramenta básica, vertebran estas imaxes.
A colección de fotografías da Fundación 10 de Marzo constitúese a partir das cesións realizadas por arquivos de revistas e publicacións sindicais, de empresas e particulares, e do ingreso de fondos procedentes de concursos de fotografía. As 62 imaxes en branco e negro que conforman esta mostra organízanse en tres partes: traballos tradicionais, actividades industriais e, finalmente, unha homenaxe ao home.

Te puede interesar