O Museo mostra unha exposición de fotos sobre a rapa das bestas

O Museo Etnolóxico de Ribadavia en colaboración co Concello da Estrada inaugura hoxe unha exposición temporal de fotografíass, que se poderá ver ata o próximo 30 de setembro. A exposición consta de 86 fotografías en branco, negro e cor sobre a rapa das bestas de Sabucedo. Ademais das fotografías tamén haberá unha mostra de elementos como o ferro de marcar cabalos, crinas e unhas tesoiras
para rapar; e audiovisuais coa proxección permanente da película Fotorapa10 de Jorge Cosmén.

As fotografías pertencen ao III Concurso Internacional de Fotografía 'Rapa das Bestas de Sabucedo 2010. Un concurso que se convoca cada ano e que ten como obxectivos a difusión da festa e a creación dun arquivo fotográfico que preserve a memoria desta tradición centenaria da rapa das bestas.

Te puede interesar