CULTURA

O Museo de Ribadavia edita historias de abril

Unha das exposicións do Museo Etnolóxico de Ribadavia (JOSÉ PAZ).
photo_camera Unha das exposicións do Museo Etnolóxico de Ribadavia (JOSÉ PAZ).
O próximo 23 de abril editarase un libro con todas as achegas.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia desenvolveu desde o pasado día 8 e ata o día de onte un concurso de refráns, ditos, cancións, cantigas, regueifas, contos e historias sobre o mes de abril.

Os participantes fixeron comentarios sobre o dito mes no facebook do Museo Etnolóxico, e tamén de parte de persoas que non están na rede, poñendo o seu nome ou enviando un correo electrónico a [email protected], e tamén desde o twitter.

Todos eles entran no sorteo de dous catálogos: "O calendario agrícola" e "Os catro elementos".

A organización admitiu orixinalidades tanto na forma de enviar as aportacións como no contido, xa sexa cunha foto, cun vídeo, cun audio ou simplemente escribindo.  O próximo 23 de abril editarase un libro con todas as achegas.

Te puede interesar