Un premio de 3.000 euros agarda os clientes que merquen ata o vindeiro 26 de febreiro na vila

Música e maxia pecharán a campaña dos comerciantes

José María Seijas, Marcos Blanco, María José García, Aurelio Gómez e Marticorena, na presentación. (Foto: MARCOS ÁTRIO)
A Federación Galega de Comercio e Establecementos Asociados do Ribeiro, continúan a desenvolver a campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema 'As compras na túa vila teñen premio', ten lugar en Ribadavia dende o pasado día 15 de febreiro e ata o sábado 26 do mesmo mes. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio, sorteándose dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 tarxetas de 100 euros.
Os consumidores de Ribadavia están a mostrar un gran interese por esta campaña, presentando os seus tickets de compra na carpa situada na Praza Fonte da Prata ou ás promotoras que se atopan polas rúas da vila, que lles entregan boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o vindeiro sábado, na Alameda da vila, dentro do programa dun acto de final de campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 19,00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.


TARXETAS

A organización sinala ademáis que os clientes que aportan ás promotoras o xustificante de pagar coa tarxeta Mastercard do Comercio Galego e a tarxeta Comercio de Novacaixagalicia, duplican a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket presentado.

A campaña está a ser publicitada nos establecementos de Ribadavia, que contan con carteis e reparten entre os seus clientes trípticos informativos.

A iniciativa 'As compras na túa vila teñen premio' está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novacaixagalicia. Este ano, desenrolarase en oito localidades galegas, entre elas Ribadavia, contando para elo coa colaboración de Establecementos Asociados do Ribeiro, que preside María José García.

As actividades e espectáculos programados para o vindeiro sábado empezarán ás 11,30 horas con animación musical nas rúas da vila xunto con zancudos e malabaristas. Para as 12,30 horas, serán os máis cativos os protagonistas coa actuación dos pallasos Lleilla e Fifo.

Xa pola tarde repetirase o pasarrúas de animación a partires das 16,30 horas, dando paso unha hora más tarde ó espectáculo de máxia cómica 'Rey Midas'.

A actuación musical de Lucía Pérez rematará a programación en torno as 18,30 horas, antes de dar paso o sorteo e entrega dos premios.

O longo desta campaña estanse repartindo un total de 14.000 boletos entre os clientes de Establecementos Asociados, cuia entidade conta tamén co apoio do Concello de Ribadavia para o seu desenvolvemento.

Te puede interesar