Os nenos de Francelos disporán de un parque infantil reformado

A inversión ascende a 13.300 euros,

O Concello de Ribadavia acometerá unha reforma do parque infantil de Francelos. O proxecto contempla a retirada da varanda de madeira existente e dun xogo de gran tamaño en mal estado coa substitución por un novo con forma de formiga. Ademais, procedesase a retirada dos carteis deteriorados e a colocación de outros novos; tamén á instalación dun bordillo de madeira perimetral que conteña a area que conforma o pavimento do parque infantil; a instalación dunha capa de area de 20 centímetros de espesor sobre a existente para aumentar a capa de amortización; o acondicionamento dos elementos infantís mediante o seu lixado e repintado para aumentar a súa vida útil; e a colocación dunha papeleira para incentivar a reciclaxe de residuos entre os nenos. 

A inversión ascende a 13.300 euros, dos que máis de 9.000 son aportados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o GDR Carballiño - Ribeiro.

Coas actuacións recollidas neste proxecto, o Concello de Ribadavia pretende mellorar un parque infantil con moita afluencia, como é este de Francelos, “unha infraestrutura infantil que co paso dos anos presenta importantes problemas de seguridade para os cativos que o empregan polo estado de algúns dos seus elementos, podendo incluso producirse un accidente, así mesmo resultan pouco atractivos”, sinalan os responsables municipais.

Te puede interesar