Un novo saneamento en Avión evitará as avarías

O Consello da Xunta aprobou a colaboración técnico e financeira do Goberno co Concello de Avión para a execución dos colectores xerais e a estación depuradora de augas residuais no municipio.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realiza un investimento de máis de 848.000 euros distribuidos en tres anualidades, dende o presente ano ata o vindeiro 2012. Este achegamento supón o financiamento do 100% da actuación.

O obxecto do acordo é a execución das obras precisas para a mellora do saneamento e depuración de varios núcleos, mediante a demolición de fosas sépticas, unificando a rede de colectores e tratando as verteduras nunha estación depuradora de nova construción.

Medio Ambiente decidiu levar a cabo esta obra hidráulica xa que Avión ten un sistema de saneamento moi deteriorado, debido básicamente á súa antigüidade, vertendo a tres fosas sépticas incapaces de cumprir os obxectivos de calidade esixidos pola Comunidade Europea.

O proxecto contempla a reposición dun colector de augas fecais ao que se conectarán tres ramais. Ademais, en Cendóns, colocarase outro colector de 720 metros, unido á rede existente, mentras en Beresmo, levaranse a cabo dous treitos de 166 e 272 metros en tubaxe.

Por outra parte, demoleranse as fosas sépticas que recollen as augas residuais dos veciños de Avión e dos núcleos de Beresemo, Portocarro e Cendóns e executarase un sistema que transportará as augas por gravidade ata a nova estación depuradora. Esta infraestrutura prefabricada con aireación, prolongada para 1.250 habitantes, posúe unha arqueta de toma de mostras, un colector de vertedura e un by-pass planta. Os traballos, con prazo de execución de seis meses, beneficiarán a máis de 2.600 habitantes.

Te puede interesar