O Obradoiro de Teatro de Castrelo estrea obra

O Obradoiro de Teatro Municipal de Castrelo de Miño representará a primeira obra de teatro da temporada 2014: 'E Deus creou á humanidade'. A función está prevista para mañá no pavillón de deportes municipal coincidindo coa celebración dunha festa á que están convidados tódolos veciños deste municipio.
Os responsabeis do taller estrean o seu espectáculo aproveitando esta festa na que tampouco faltarán os Reis Magos, e que está prevista a partires das 17,00 horas nas instalacións deportivas do colegio público. Alí, ademáis da representación teatral, na que participa un bo número de veciños, tamén haberá música, baile e agasallos para todos os asistentes, tanto nenos como adultos, ademáis de roscón de reis e cava para brindar.

A festa está organizada polo Concello e colaboran na mesma a Asociación de Nais e Pais do colexio público e o Obradoiro de Teatro Municipal.

As autoridades locais potencian o obradoiro de teatro dende fai anos dado o éxito de participación que acada en cada edición.

Te puede interesar