O Oficina da Muller recibiu o ano pasado máis de 260 consultas

<p></p>
photo_camera Un momento da visita ao centro.

O centro da cobertura ós municipios de Beade, Cenlle, Cortegada, Leiro, Castrelo de Miño e Arnoia.

O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade do Ribeiro atendeu ó longo do ano pasado a 120 persoas e recibiu 262 consultas, según os datos feitos públicos pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta. Este centro da cobertura ós municipios de Beade, Cenlle, Cortegada, Leiro, Castrelo de Miño e Arnoia e conta cunha asesora xurídica, un auxiliar administrativo, unha traballadora social, unha animadora sociocultural e unha psicóloga que tamén exerce como directora. Ademais, Cenlle e Cortegada están adheridos á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, encargada de promover e apoiar proxectos de prevención e detención precoz de situacións de risco, mobilizando e implicando a toda a sociedade fronte o maltrato e xeneralizando a tolerancia cero contra as persoas agresoras. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo onte unha xuntanza con representantes dos devanditos municipios, e manifestou o apoio do Goberno galego a estes centros, que reciben axudas e subvencións para a promoción da igualdade.

Te puede interesar