A Oficina Xuvenil de Ribadavia oferta tres prazas para un curso en Austria

viajes

A Oficina Municipal Xuvenil (OMIX) de Ribadavia oferta un curso de formación internacional, “ONION– Intercultural Layers in Youth Work”, que se desenvolverá en Austria. Para participar neste curso, a OMIX busca a tres persoas maiores de 18 anos, que poidan estar dispoñibles entre o 4 e 11 do próximo mes de novembro.

“Organizamos este curso de formación para proporcionar ferramentas e métodos concretos para persoas que traballen coa xuventude ou persoas involucradas no traballo con mozos ou asociacións xuvenís, para así, empoderar e perfeccionar as súas habilidades interculturais, aumento da concienciación e comprensión doutras culturas por parte das persoas participantes e difundir unha identidade europea”, sinalan desde a OMIX.

As inscricións en [email protected], ata o 30 de setembro.

Te puede interesar