O pavillón deportivo de Ribadavia renova material

OURENSE. 30.08.2017 RIBADAVIA, POLIDEPORTIVO O CONSELLO. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Polideportivo O Consello. Foto: Miguel Ángel
A renovación terá continuidade nos próximos anos, según o alcalde

O Concello de Ribadavia levará a cabo unha renovación de material deportivo no centro municipal de “O Consello”. O procedemento de licitación do suministro de material iniciouse o pasado 26 de setembro e resolverase nos vindeiros días coa adxudicación do contrato a unha empresa suministradora, o que permitirá que o novo material esté xa dispoñible no vindeiro mes de novembro para ser utilizado polos centos de usuarios destas instalacións.

O investimento en novo material para este pavillón polideportivo ascende a 18.707 euros e finánciase gracias á cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ribadavia, despois de que os responsables municipais solicitaran a correspondente axuda económica para este fin.

Continuidade

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “con esta primeira actuación de suministro de material iniciamos a renovación do ximnasio e do material do centro deportivo ‘O Consello’, unha renovación que terá continuidade nos vindeiros anos, ata conseguir un cambio total do material dunha instalación deportiva que cada vez conta con máis usuarios e na que temos que facer un investimento importante para modernizala e adaptala ás necesidades da veciñanza de Ribadavia”.

Te puede interesar