Pena Corneira conta coa primeira guía de escalada

O Concello de Leiro acolleu a presentación da primeira guía de escalada en bloque na serra de Pena Corneira. No acto estiveron presentes o alcalde, Francisco José Fernández, e o autor de guía, o escalador César Álvarez, ademáis dunha pequena representación do colectivo de escaladores locais.
A guía, nun extenso traballo de campo, recolle con datos esenciais para a orientación, as máis de 500 líneas ou pasos de escalada en bloque abertos nos milleiros de bolos graníticos que hai na serra, así como localizacións e fotografías do entorno.

Unha recopilación minuciosa así coma unha explicación das posibilidades que alberga o concello.

Te puede interesar