abastecemento

O pobo de Xubín verá mellorado o abastecemento con 60.000 euros

Así, a través deste convenio, que terá vixencia dun ano, Augas de Galicia comprométese á contratación, execución e dirección da obra, así como á súa xestión ata a completa finalización dos traballos

n A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, acometerá as obras de mellora na rede de abastecemento de auga no núcleo de Xubín, no municipio de Cenlle. Esta actuación, que conta cun orzamento de case 60.000 euros, permitirá dar solución ás perdas de presión que na actualidade se veñen producindo, especialmente nos puntos álxidos da rede. Estes traballos realizaranse no marco dun convenio de colaboración asinado pola conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Cenlle, Gabriel Alén Castro, durante un encontro que tivo lugar en Santiago.

Así, a través deste convenio, que terá vixencia dun ano, Augas de Galicia comprométese á contratación, execución e dirección da obra, así como á súa xestión ata a completa finalización dos traballos, mentres que o Concello deberá dispoñer dos terreos necesarios para a realización dos mesmos

Te puede interesar