Polémica en Leiro pola axuda económica á Entidade Menor

O PSdeG-PSOE de Leiro critica "a pinza formada por BNG e Partido Popular, a cal non é a primeira vez e cun único obxectivo de invadir as competencias dun organismo autónomo como é a Entidade Menor de Berán". O goberno "popular" votou a favor dunha proposta do BNG de incrementar a subvención dos 4.000 a 7.000 euros "coa suposta intención de compensar o IBI", sinala o portavoz socialista, Manuel Rodríguez, engadindo que "sendo un organismo independente, debe ser ela a que faga as peticions pertinentes para exención do IBI, ou para unha bonificación ou axuda económica".

O alcalde, Francisco José Fernández, afirma que "o único que solapa as funcións e afoga á Entidade foi o PSOE, cando houbo oportunidade de abrir o balneario e non o permitiu. Nós sempre apoiaremos o que sexa bo para o pobo".

Te puede interesar