O portavoz do PSdeG de Leiro critica a selección do persoal

O portavoz do grupo municipal do PSdeG de Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, presentou varios escritos no Concello solicitando información sobre diversos asuntos polos que manifesta a súa preocupación

O portavoz do grupo municipal do PSdeG de Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, presentou varios escritos no Concello solicitando información sobre diversos asuntos polos que manifesta a súa preocupación. Para empezar, afirma que non se respectan os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade asi como o de publicidade para a selección de persoal de axuda no fogar, brigada contra incendios, brigada do Concello, como tamén personal para un obradoiro de emprego da Mancomunidad do Ribeiro.

Por outra parte, o edil refírese a que hai un só medico, cando tiña que haber dous facultativos e, por último, lle pregunta ó alcalde por unha tala masiva das árbores do entorno do Salgueiral.

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, declaraba en relación a selección de personal que o portavoz socialista "non se entera de nada", e matiza que para o obradoiro da Mancomunidade foi seleccionado por técnicos da Consellería de Traballo; para a axuda no fogar non foi o Concello senón a Mancomunidade e para a brigada de incendios se fixo dacordo coa normativa, ó mesmo tempo que recorda que o Concello non ten brigada municipal porque non pode contratar novo persoal. 

En relación ós médicos, o alcalde asegura que para outubro incorpórase un novo para ocupar esa praza; e en canto ás árbores, sorpréndelle A Francisco José Fernández que o concelleiro faga esas críticas cando ten solicitado que se talen os secos, asegurando que se está facendo unha poda selectiva. 

Te puede interesar