SERVIZOS

O PP alerta de dúas fugas na rede de abastecemento de Ribadavia

s populares apuntan que a fuga detectada en San Paio "atópase na estrada OU-406, á altura dos números 67 e 69, e leva semanas verquendo sen que o goberno municipal tome medidas para resolver a mesma".

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia vén de presentar escritos no rexistro do Concello solicitando o arranxo de  dúas fugas de auga nas parroquias de San Paio e Francelos. Os populares apuntan que a fuga detectada en San Paio "atópase na estrada OU-406, á altura dos números 67 e 69, e leva semanas verquendo sen que o goberno municipal tome medidas para resolver a mesma".

Por outra banda, no caso de Francelos, localizaron a perda de auga na rúa de encrucillada no entorno da ponte medieval, e, según comentan, "esta xa foi comunicada ao goberno municipal en numerosas ocasións sen que se teñan tomado medidas ao respecto". O voceiro do PP, César Fernández, sinalou que ó Concello “éncheselle a boca falando da necesidade de facer un uso responsable da auga, ao mesmo tempo que manteñen fugas na rede de abastecemento dende hai meses, e miran para outro lado a pesar de que os veciños teñen comunicado a existencia destas fugas en numerosas ocasións,".

Fernández tamén salientou que “agardamos que o goberno municipal arranxe dunha vez estas fugas que levan vertendo auga durante semanas a pesar da situación de seca na que nos atopamos". 

Te puede interesar