O PP asume a limpeza do lavadoiro de Esposende

O grupo municipal do PP en Ribadavia está disposto a asumir o acondicionamento do lavadoiro público situado na parroquia de Esposende. O voceiro desta formación política na Corporación, César Fernández, lembra que 'despois de que solicitáramos a súa limpeza na pasada sesión plenaria, segue sen levarse a cabo'.
Así, os 'populares' anuncian que non descartan a posibilidade 'de facernos cargo do arranxo deste lavadoiro', xa sexa con medios propios, utilizando unha brigada da Deputación, ou da Consellería de Medio Ambiente. Sobre todo, xa que por parte do Concello ribadaviense non existen na actualidade medios suficientes para levar a cabo esta tarefa, según recoñecen os responsables municipais.


ATENCIÓN

O PP de Ribadavia suliña que 'como se pode comprobar, o goberno do socialista Marcos Blanco esquécese totalmente dos pequenos núcleos de poboación', coma foi o caso das filtracións da rede de augas na parroquia da Franqueirán. Neste sentido, César Fernández engade que 'compre lembrarlle ó señor alcalde que todos os veciños teñen os mesmos dereitos, e deben ser atendidos coa mesma dilixencia, independentemente do lugar no que residan'.

Te puede interesar