OPartido Popular de Ribadavia afirma que está recibindo queixas dos veciños polas 'deficiencias da rede de abastecemento de auga, que se manifestan en forma de fugas e que se aprecian a simple vista. Basta sinalar coma exemplo os casos da rúa da Veiga en San Cristovo, A Cabrita en Ribadavia e diferentes puntos da localidade de Francelos', puntualizaron os populares. Afirman que se detectaron no pasado mes de decembro, polo que 'nos parece inaceptable que a estas alturas aínda non se teñan arranxado'.
Tamén sinala o PP que 'estamos a detectar que numerosas obras de reparación na rede de abastecemento pola empresa Aqualia, se estan deixando sen rematar'.