O PP pide o arranxo da vía principal de Carballeda

O portavoz municipal do PP no Concello de Carballeda de Avia, Lorenzo González, presentou unha proposta ao alcalde, Luis Milia, para que solucione o que a oposición considera un grave problema de inseguridade viaria que padecen os veciños e usuarios da estrada OU-0306, principal vía de comunicación que atravesa o concello.
Esta estrada provincial soporta unha gran cantidade de tráfico,turismos e camións pesados, 'que non só deteriorou a sinalización no asfalto, os pasos de peóns e as delimitacións de carrís e beirarrúas, senón que tamén pon en perigo a seguridade dos veciños', segundo indicou Lorenzo González. Nese senso, solicitou ao Concello que interceda ante a Deputación para que se proceda a repintar as sinalizacións e se fixen pasos de peóns elevados.

Te puede interesar