O PP propón obras de mellora na zona rural por 60.000 euros

O voceiro popular, César Fernández. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O voceiro do grupo municipal do PP de Ribadavia, César Fernández, rexistrou unha proposta no Concello para incluir no orzamento de 2014 unha partida económica de 60.000 euros destinada a actuacións de conservación e mantemento das infraestruturas do medio rural.
O concelleiro propón que se destinen a ese fin os 62.223 euros que recupera o Concello tras unha sentencia xudicial firme que obliga á Mancomunidade do Ribeiro a devolver dita cantidade a institución municipal. 'Este pode ser o momento idóneo para crear esta partida no orzamento municipal, unha partida que, a partires da súa creación, deberá estar presente tódolos anos no orzamento municipal', sinala.

César Fernández considera que as actuacións de mantemento de infraestruturas no medio rural non poden estar supeditadas 'ás achegas que, a través de diferentes programas de inversión, fan outras adnministracións', apunta.

Te puede interesar