O PP rechaza solicitar a cesión de solo industrial

O PP de Ribadavia afirma que rechazou a proposta do grupo de goberno para solicitar a Xestur a cesión gratuita dos terrenos destinados a terceira fase do parque empresarial, porque 'a cesión gratuíta de solo industrial non está recollida pola lexislación vixente, de xeito que non podemos apoiar unha moción que fai peticións ao marxe da lei'.
As autoridades locais pretenden con esa petición acometer a urbanización do solo en convenio coas empresas interesadas en instalarse ou facer ampliacións. Según os populares, 'a cesión gratuíta só é aplicable ao solo residencial' e que teña como finalidade 'o establecemento de servizos públicos ou a creación de dotacións e equipamentos, en ningún caso para uso empresarial', matizaron. Este grupo da oposición tamén considera 'un menosprezo ao pleno municipal o feito de que antes de ser aprobada a moción, o alcalde xa tivese trasladado a solicitude a Xestur, con data de rexistro de entrada do pasado 21 de novembro de 2011'.

Te puede interesar