reformas

O PP reclama arranxos na Alameda de Ribadavia

dfdd
photo_camera Aspecto que presenta un dos xogos da Alameda.

O concelleiro de Obras, Javier Iglesias, declaraba que "se está mal hai que arranxalo, pero non podemos chegar a todo porque só temos dous operarios en obras e necesitamos outros dous e un para maquinaria"

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia lamenta o retraso no acondicionamento da Alameda. Xa presentou escrito no rexisto para que se fagan as reparacións pero de momento segue igual, nun estado de deterioro e abandono absoluto, segundo sinala. Afirma que os equipamentos de recreo do parque infantil están totalmente deteriorados, as papeleras rotas e o lixo acumúlase nunha das esquinas do palco.

Ademais, as macetas que se colocaban no centro da alameda, e facían a función de bancos, continúan agolpadas nunha esquina desde hai máis de catro anos. Segundo o portavoz do grupo popular, César Fernández, “esta é unha proba máis da desidia absoluta do alcalde de Ribadavia respecto do mantemento de instalacións e equipos municipais". 

O concelleiro de Obras, Javier Iglesias, declaraba que "se está mal hai que arranxalo, pero non podemos chegar a todo porque só temos dous operarios en obras e necesitamos outros dous e un para maquinaria".

Te puede interesar