O PP reclama a limpeza dos accesos ás viñas e o Concello di que o está facendo

O grupo municipal do PP de Ribadavia diríxese ó Concello para pedir explicacións sobre o estado de abandono de moitas das pistas de acceso ós viñedos. 'Queremos lembrarlle ó grupo de goberno que tanto nas pasadas comisións informativas do mes de xullo, coma na sesión plenaria do mesmo mes, pedíuselle por parte dos grupos na oposición, PP e BNG, que se actuase nestas pistas para limpalas de maleza e acondicionalas de cara a tempada de vendima. Pois ben, agora os veciños pregúntanse por qué o seu goberno non atendeu as demandas que, a través dos grupos da oposición, se lle trasladaron en reiteradas ocasións', indican os conce
'Queremos lembrarlle ó grupo de goberno que tanto nas pasadas comisións informativas do mes de xullo, coma na sesión plenaria do mesmo mes, pedíuselle por parte dos grupos na oposición, PP e BNG, que se actuase nestas pistas para limpalas de maleza e acondicionalas de cara a tempada de vendima. Pois ben, agora os veciños pregúntanse por qué o seu goberno non atendeu as demandas que, a través dos grupos da oposición, se lle trasladaron en reiteradas ocasións', indican os concelleiros.

Nese senso, matizan os populares que 'non podemos comprender como o Concello de Ribadavia, dispoñendo de maquinaria como o tractor desbrozador ou a pala, que están abandonados á intemperie na estación de ferrocarril, non actuou en numerosas pistas agrícolas do concello que se atopan invadidas de maleza, dificultando o paso dos medios de transporte de uvas'.

O concelleiro de Medio Rural, Ignacio Gómez, declarou que nestes momentos estanse limpando todos os accesos nos que pode traballar a maquinaria, incluidos algúns forestais que lle correspondería a Xunta. Engadiu o concelleiro que os camiños máis pequenos requiren un traballo manual para o que o Concello non dispón de persoal, gracias as políticas de recortes da Administración autonómica. A brigada tamén tivo que adicarse previamente ás festas e a limpeza dos colexios.

Te puede interesar