Presentación do libro sobre a Ribadavia de 1524 a 1559

José Sobrado e Ana María Gordín.
photo_camera José Sobrado e Ana María Gordín.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolleu o acto de presentación da obra “Dos libros do Concello de Ribadavia (1524-1559)

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolleu o acto de presentación da obra “Dos libros do Concello de Ribadavia (1524-1559): o reflexo da vida cotiá na vila”, editado pola Xunta de Galicia. Este libro é froito do esforzado traballo que a doutora Ana María Gordín Veleiro realizou para que a comunidade investigadora galega, sempre tan necesitada de fontes históricas, e demais persoas interesadas en descubrir este descoñecido século XVI, dispoñan dunha ferramenta fundamental. O libro consta de dous volumes, compostos por numerosos documentos daquela época.

A carballiñesa Gordín Veleiro é licenciada en Historia e doutora pola Universidade de Vigo dende o ano 2015. Especialista en Paleografía e no mundo medieval, forma parte da Sección de Historia do Centro de Estudios Chamoso Lamas, sendo, ademais, unha gran coñecedora do Patrimonio.

Te puede interesar