LITERATURA

Presentación en el Etnológico de Ribadavia de un libro sobre Bernardino Graña

A publicación está dedicada ao mestre humanista e xornalista Bernardino Graña Refojos, que exerceu a docencia en Ribadavia

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle hoxe, ás 20,00 horas, a presentación do libro "Bernardino Graña Refojos. Crónicas de Cangas (1930-1933) e mestre en Ribadavia e Cangas", coordinado por Tonino Graña, Iago Santos Castroviejo e Amalia Soage Molanes.

A publicación está dedicada ao mestre humanista e xornalista Bernardino Graña Refojos, que exerceu a docencia en Ribadavia, no Colexio Akademos, e en Cangas, na Academia Morrazo.

Na presentación participarán Juan Bande Alonso, Xesús Alonso Montero e Iago Santos Castroviejo.
A obra estrutúrase en tres partes, a primeira sobre a colaboración de Bernardino Graña no xornal El Pueblo Gallego (1930-1933), segue unha autobiografía do mestre e, finalmente, o terceiro capítulo contén escritos de alumnos seus no Colexio Akademos de Ribadavia e da Academia Morrazo de Cangas. 

O libro conmplétase cunha presentación de Antonio Graña Graña e coa lembranza de Bernardino Graña Refojos feita por Xesús Alonso Montero.

Bernardino ten deixado unha fonda pegada en varias xeracións da comarca do Ribeiro que estudaron o Bacharelato na Fundación Martínez Vázquez primeiro e no colexio Akademos despois. 

Te puede interesar