RIBEIRO

Primeira novela 
de Bautista Álvarez

alv_arez_opt

O escritor e político nacionalista presentou en Ribadavia o seu libro "Cuarto minguante"

Bautista Álvarez, escritor, militante nacionalista e dirixente do BNG, presentou na tarde de onte a súa primeira novela, "Cuarto minguante", nun acto que tivo lugar en Santo André de Campo Redondo, no concello de Ribadavia e ó que asistiron de moitos amigos e compañeiros do político e escritor, entre os que se atopaba o editor, Manuel Bragado, e a profesora da UDC e escritora María Pilar García Negro.

Con esta obra, Bautista Álvarez percorre o camiño da emigración galega da segunda mitada do século XX da man de Ismael, un rapaz que en 1955 saía do porto de Vigo a bordo do trasatlántico Santa María con rumbo a Caracas, iniciando na capital venezolana un percorrido que o levaría despois a Brasil e Arxentina e, xa de volta a esta beira do Atlántico, a Suiza.

Te puede interesar