DIETA INFANTIL

Programa de alimentación completa para nenos de Castrelo

Fanno a través do Plan Específico de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social vinculado ó peche dos comedores escolares en período de verán.

O Concello de Castrelo de Miño e a Fundación Amigos de Galicia unen forzas para que os nenos das familias do municipio en situación de vulnerabilidade continúen recibindo unha alimentación completa durante os meses de xullo e agosto, unha vez que pechen os comedores escolares con motivo das vacacións estivais.

Fanno a través do Plan Específico de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social vinculado ó peche dos comedores escolares en período de verán. Para elo, Concello e Fundación asinaron un convenio.

Te puede interesar