SERVIZOS

Proposta para municipalizar o servizo da auga de Ribadavia

Ribeiro en Común analizará os modelos doutros concellos que municipalizaron este servizo

O grupo de Ribeiro en Común no concello de Ribadavia presentará no pleno ordinario que celebrará a Corporación municipal en febreiro unha moción para que se acometa "a remunicipalización do servizo municipal de auga e abastecemento. Esta proposta está xustificada, segundo Ribeiro en Común, polo feito de que no próximo pleno municipal tamén se abordará de cheo un debate sobre o servizo de abastecemento municipal de Ribadavia, "a propósito do arranxo so vello depósito de auga da Franqueirán".

Segundo esta agrupación municipal, o modelo de xestión pública "tense demostrado en moitos concellos coma o de maior eficiencia para as arcas públicas". Respecto á transición dun modelo a outro, este grupo entende que se garantiría, entre outras cuestions, coa subrogacion dos traballadores da empresa concesionaria, co que se aseguraría a continuidade do servizo".

Durante este mes Ribeiro en Común analizará os modelos públicos doutros concellos que municipalizaron o seu servizo no ano 2015, poñendo como exemplo ó coruñés de Teo, "que nun ano de funcionamento logrou reducir o déficit do servizo en máis de 200.000 euros con respecto ao último ano de xestión privada", segundo este grupo.

Te puede interesar