Ourense contará con 14 obradoiros de emprego

Participantes en un obradoiro de emprego (Miguel Ángel).
photo_camera Participantes en un obradoiro de emprego (Miguel Ángel).
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investiu 509.987 euros en formar 20 alumnos-traballadores

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse á Mancomunidade de Concellos do Ribeiro para clausurar o obradoiro de emprego “Ribeiro Emprende II”, no que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investiu 509.987 euros en formar 20 alumnos-traballadores nos módulos de actividades auxiliares en conservación e mellora dos montes e operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.

Gabriel Alén destacou que a formación que se impartiu está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación.

Tamén lembrou que a provincia de Ourense acollerá 14 novos obradoiros duais de emprego, 89 en Galicia, na convocatoria 2023-2024 que permitirá aos concellos, mancomunidades e organizacións sen ánimo de lucro do sector forestal realizar estas accións.

O investimento da Xunta de Galicia nestes obradoiros ascenderá a 50 millóns de euros, nos cales se inclúe a reserva de case un millón destinado a incentivar a contratación das persoas participantes, unha vez rematada a formación. 

En total beneficiaranse da presente convocatoria 1.765 persoas desempregadas. Recibirán formación, disporán dun contrato de traballo e percibirán o salario mínimo interprofesional (1.080 euros) durante 12 meses

Te puede interesar