Un proxecto da Biblioteca recibe o galardón María Moliner

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia foi premiada por terceira vez cun dos premios da convocatoria anual Maria Moliner aos mellores proxectos de animación á lectura. O proxecto galardoado levado a cabo por esta biblioteca foi 'O cómic, un modo de ler distinto' e 'Animación para a terceira idade', ambos presentados unificados baixo o lema 'Animación á lectura para pequenos e terceira idade'.
A iniciativa dirixida ós rapaces consistiu nunha exposición sobre a historia do cómic internacional e galego, un obradoiro de Fran Bueno, un contacontos da man do grupo 'Polo correo do vento', ademáis de un concurso de cómics para Primaria e Secundaria, xunto con visitas do colexio público Tomás de Lemos e Amencer, asistindo os escolares a unha conferencia animada e dixital sobre o cómic.

O proxecto de animación para a terceira idade fíxose no Asilo Fundación Nosa Señora dos Anxos, e consistiu na inaguración dun punto de lectura dependente da biblioteca, na que os usuarios do asilo poderán acceder a libros sen ter que desprazarse á biblioteca.

Tamén se levou a cabo unha visita ás instalacións ubicadas na Casa da Cultura na que de paso os residentes fixeron o carnet de usuario e asistiron a un espectáculo de contacontos e títeres da man de 'Titeres Cascanueces'.

Deste xeito, a Biblioteca de Ribadavia recibirá un novo lote de libros en recoñecemento ó sue esforzo.

Te puede interesar