O PSdeG defende a contratación dun exedil de Carballeda

Os socialistas de Carballeda de Avia rexeitan a acusación feita polo PP dunha contratación supostamente irregular por parte do Concello. Os populares sinalaban que están estudiando emprender posibles medidas legais porque afirman que se fixeron unhas bases de contratación á medida de un ex concelleiro do PSdeG. Os socialistas, respostan que a contratación dun traballador para o servizo de recollida de lixo cumpre toda a legalidade.
'A selección foi feita polo INEM e neste concello existen unhas bases de contratación ás cales se ciñe de forma estrita o proceso, onde dous traballadores e a secretaria participan, sen haber ningún cargo político formando parte da mesma', matizan.

Asegura o PSdeG que a recollida de lixo faise dúas veces por semana, polo que os traballadores prestan outros servizos, nos cales é necesario o uso de un vehículo con grúa, xustificando deste xeito a condición que figuraba nas bases de contar con permiso para a manipulación de grúa, que é criticada pola oposición.

'Parécenos unha inmoralidade ética e política que se cuestione a selección feita por traballadores e secretaria, así como o traballo, experiencia e bo facer do propio contratado', apuntan os socialistas. Ademáis, puntualizan que o traballador só cobra o soldo mínimo de 640 euros pola xornada completa.

Te puede interesar