O PSdeG de Leiro cree excesiva a aportación á Mancomunidade

O grupo municipal do PSdeG de Leiro considera excesiva a aportación do Concello á Mancomunidade do Ribeiro. O portavoz socialista, Manuel Rodríguez, referiuse ó 'alto custe que supón para os veciños pertencer á Mancomunidade, deseñada para 12 concellos dos que só quedan cinco', tendo en conta que a partida contemplada para o 2011 era de 165.000 euros e que pasou a 194.000 euros no peche do exercicio.
O edil calificou de 'continuistas' os orzamentos aprobados polo grupo de goberno para o presente exercicio económico, que ascenden a 900.000 euros, e reclama do Concello 'unha redución dos gastos en dietas e asignacións dos membros da corporación, un maior control do gasto corriente, bonificación nas diferentes taxas de recadación, máis inversións en servizos básicos, fomento do emprego, do turismo e de medidas medio-ambientais', sinala.

Te puede interesar