O PSdeG de Leiro solicita o arranxo do acceso de Paredes a Orega

Os socialistas de Leiro pediron por escrito ao alcalde que acondicione a rúa que une os pobos de Paredes e Orega, actualmente 'nun estado lamentable polas múltiples deficiencias que presenta, con grandes buratos que constitúen un perigo para a circulación de vehículos', segundo o portavoz, Manuel Rodríguez.
O concelleiro da oposición insta ó rexidor municipal 'a invertir o famoso superávit do que presume, que ascende a case 130.000 euros, en servizos básicos necesarios para os veciños, porque dita cifra provén dos impostos que os veciños pagan'.

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, admitiu que 'hai dous baches e pronto se van arranxar'. Segundo sinala, o Concello está á espera de contar coas brigadas que concede cada ano a Xunta, a través do plan de cooperación coas administracións locais, para proceder a realizar as reparacións deste vial, porque 'nestres intres no dispoñemos de persoal para executar as obras', matizou.

Te puede interesar